jueves, 9 de noviembre de 2017

A TECTÓNICA DE PLACAS

A teoría da Tectónica de Placas é un paradigma da ciencia, xa que permite explicar varios fenómenos xeolóxicos como a deriva continental, o vulcanismo, os seismos, as oroxenías e a petroxenia.



Pode resumirse nas seguinte ideas básicas.
A litosfera atópase dividida nun conxunto de fragmentos ríxidos donominados placas litosféricas, de superficie variabe e un grosor entre os 50 e 200 km.
Os bordos das placas poden ser de tres tipos: Dorsais ou límites construtivos, zonas de subdución ou límites destrutivos e fallas transformante ou límites pasivos.
As placas litosféricas desprázanse sobre os materiais dúctiles do manto sublitosférico, a velocidades que van dende varios mm ata algúns cm por ano. Provocan afastamento e colisión de continentes e rozamento entre as placas. Por iso, nos bordos das placas hai fenómenos volcanicos, sísmicos e oroxénicos.
Os desprazamentos das placas son causados pola enerxía térmica do interior terrestre e pola gravidade.
A litosfera oceánica renóvase continuamente, mentres que a continental ten un carácter máis permanente.

Ao longo da historia da Terra cambiou a posición, forma, tamaño e número das placas litosféricas.  

Actividades:

1. Viaxe polas placas tectónicas: planeade un itinerario arredor do mundo que pase por lugares relacionados coa tectónica de placas. Debe incluir un mínimo de 4 e un máximo de 8 zonas que se correspondan cos tres tipos de límites de placas máis puntos quentes.
2. Investiga sobre un un fenómeno sísmico ou volcánico recente, analizando a súa relación coa tectónica de placas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario