A publicación de "A orixe das especies" e a aceptación xeral da teoría evolutiva por medio da selección natural postulada por Darwin marcaron o inicio dunha carreira na búsqueda das nosas orixes; concretamente, do chamado "eslabón perdido", ese fósil que representaría o enlace entre os primates antropoides actuais (xibóns, gorilas, chimpancés e orangutáns) e o home.
Paulatinamente, e sempre con grande controversia na comunidade científica, foron aparecendo restos cada vez máis antigos:
- En diversos lugares apareceron fósiles do Home de Neandertal, primitivos poboadores de Europa.
- Aínda que todos os indicios apuntaban a orixe en África da humanidade, non foi ata 1924 que apareceu o primeiro homínido africano: o Australopithecus.
- Dende entón, apareceron multitude de fósiles que ampliaron a escasa familia humana. cada fósil serve para para encher un oco, pero, en ocasións obriga a replantexar de novo as árbores evolutivas aceptadas ate o momento.
Moito se ten avanzado no campo da datación de fósiles; as excavacións son levadas por equipos multidisciplinares e nalgúns caso é factible a aplicación de técnicas de análise do ADN contido nos restos. Pese a todo, non hai unanimidade á hora de trazar o longo percorrido evolutivo que tranformou a un pequeno e primitivo homínido no Homo sapiens actual.
Pese a que a paleoantropoloxía é unha ciencia sempre aberta a debate, existe consenso acerca dos tres pasos fundamentais que permiten trazar o camiño desde o antepasado que compartimos con chimpancés e gorilas, que viviu hai entre 5 e 10 millóns de anos, ata nós. Son o bipedismo, a cefalización e a linguaxe.
ACTIVIDADES
- Investigade en grupo sobre a Familia Evolutiva Humana e elaborade un informe sobre as especies máis representativas, incidindo nos aspectos morfolóxicos craneais e o bipedismo.
- Buscade individualmente novas recentes sobre descubrimentos de fósiles que se suman á nosa árbore evolutiva., e comentade as características máis salientables.
- Investigade sobre os fósiles de Atapuerca, e elaborade un informe (voluntario).



