Na información sobre ciencia resulta difícil identificar a fonte solvente ou idónea. É dicir, mentras que noutras áreas de especialización (política, deportes, cultura, etc.) o periodista e a opinión pública contextualizan perfectamente a fonte e a súa relevancia, en ciencia resulta moi complexa a identificación tanto para o periodista coma para o público.
Antes estas incertezas, con demasiada frecuencia establécese o concepto de xerarquía da fonte. Por exemplo, non está claro se sobre vacinas ou sobre virus contaxiosos sabe máis un becario posdoutoral que traballa en Estados Unidos que un catedrático de veterinaria, aínda que periodísticamente soa mellor a palabra catedrático fronte á de becario. Tamén as dúbidas recaen sobre as institucións: unha nova é mellor se provén da NASA ou da Axencia Espacial Europea? Un investigador do CSIC será máis relevante que un dunha universidade local?.
Sen embargo, pode que esa relevancia non esté xustificada científicamente, pero, en ocasións, o periodista científico fíxase máis no prestixio e a sona mediática da institución que na notoriedade do propio científico.
A falta doutros métodos, as formas nas que os periodistas buscan información poden servir de pauta para buscar información, sobre todo en internet, onde a ciencia convive coa pseudociencia.
As fontes de información científica clasifícanse en tres grandes grupos: universidades, organismos públicos de investigación (OPI) e revistas científicas.
ACTIVIDADES:
a) Busca as universidades máis cercanas a túa localidade e investiga en que posto se atopan nos distintos rankings universitarios. Que tipo de investigación teñen?
b) Busca as webs das OPIs de Vigo, Instituto de Investigaciones Pesqueras (CSIC) e Instituto Español de Oceanografía. Preparade unha entrevista a un investigador/a da institución.
c) Localiza nos portais de EurekAlert e AlphaGalileo noticias de física, química, bioloxía e xeoloxía. Elabora unha entrada na que explique o avance científico expuesto.
